Ir ó contido

Preguntas sobre a Biblia

Preguntas sobre a Biblia

Poden ser perdoados os nosos pecados?

Conseguir a aprobación de Deus non é algo imposible

A Biblia ensina que os seres humanos somos pecadores. Todos herdamos a tendencia a pecar do noso primeiro pai, Adam. Por iso ás veces facemos cousas malas das que igual despois nos arrepentimos. Pero, Xesucristo, o Fillo de Deus, morreu para pagar polos nosos pecados e grazas a iso Xehová pode perdoarnos. Ese sacrificio é un regalo de Deus (le Romanos 3:23, 24).

Algunhas persoas que cometeron pecados graves pregúntanse se Deus poderá perdoalas algún día. Canto nos anima que a Biblia diga que “o sangue de Xesús, o seu Fillo, estanos purificando de tódolos pecados” (1 Xoán 1:7; cursiva nosa). Se nos arrepentimos de corazón, Xehová perdoará de boa gana ata os pecados graves (le Isaías 1:18).

Que debemos facer para que Deus nos perdoe?

Se queremos que Xehová nos perdoe debemos aprender acerca del. Isto implica entender a súa maneira de actuar, os seus consellos e as súas normas (Xoán 17:3). Xehová perdoa xenerosamente a quen se arrepinte dos seus pecados e se esforza por cambiar (le Feitos 3:19).

Conseguir a aprobación de Deus non é algo imposible. El comprende as nosas debilidades. Ademais, é bo e misericordioso. Non te motiva iso a aprender o que temos que facer para agradarlle? (le Salmo 103:13, 14).