Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Fagamos bo uso das publicacións

Fagamos bo uso das publicacións

Xesús ensinou: “De balde recibistes, dade de balde tamén” (Mt. 10:8). Seguimos esta clara instrución ó non cobrar ás persoas polas Biblias ou polas nosas publicacións (2 Cor. 2:17). Non obstante, estas publicacións conteñen as preciosas ensinanzas da Palabra de Deus. Supón un gran gasto e traballo imprimilas e envialas ás congregacións de todo o mundo. Por iso debemos coller só as que precisamos.

Entreguemos as publicacións con bo criterio, mesmo na predicación pública (Mt. 7:6). No canto de deixárllelas sen máis ós que pasan, esforcémonos por conversar con eles para ver se están interesados. Poderías responder afirmativamente a, polo menos, unha das preguntas do recadro? Se non dás visto se a persoa está interesada ou non, é mellor deixarlle só unha folliña. Por suposto, cando alguén nos pide unha revista ou calquera outra publicación, dámoslla encantados (Pr. 3:27, 28).