Ir ó contido

Ir ó índice

SEXAMOS MELLORES MESTRES | SINTAMOS MÁIS ALEGRÍA NA PREDICACIÓN

Ensinemos con exemplos e comparacións

Ensinemos con exemplos e comparacións

Cando volvemos visitar a alguén ou damos un curso da Biblia, precisamos axudar á persoa a entender os puntos principais. Usar exemplos e comparacións para explicar estes puntos axudaranos a chegarlle ó corazón e a que lembre as ideas clave.

Cando te prepares para volver visitar unha persoa, ou para impartir un curso da Biblia, busca exemplos e comparacións para ensinar os puntos principais e non pequenos detalles. Asegúrate de que sexan sinxelos e que teñan que ver coa vida diaria (Mt 5:14-16; Mc 2:21; Lc 14:7-11). Ten en conta os antecedentes e as ocupacións da persoa (Lc 5:2-11; Xn 4:7-15). Cando vexas nos seus ollos a alegría que sente ó entender unha nova idea, ti tamén sentirás alegría.

DESPOIS DE VER O VÍDEO A ALEGRÍA DE FACER DISCÍPULOS. MELLORA AS TÚAS HABILIDADES. ENSINA CON EXEMPLOS E COMPARACIÓNS, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Por que poden precisar axuda as persoas para entender algúns versículos da Biblia?

  • Que comparación usou Iria para explicar as palabras que atopamos en Romanos 5:12?

  • Os bos exemplos e comparacións tocan o corazón

    Que efecto poden ter os bos exemplos e comparacións en quen nos escoita?

  • Por que deberiamos usar na predicación os vídeos e outras ferramentas de ensino que nos prové a organización de Xehová?