7-13 de marzo
ESTER 6-10
Canción 33 e oración
Comentarios de introdución (máximo 3 min)
TESOUROS DA BIBLIA
“Ester actuou dun xeito altruísta a favor de Xehová e o Seu Pobo” (10 min)
Est. 8:3, 4. Aínda que Ester estaba a salvo, arriscou a súa vida por outros (ia-S páx. 143 pars. 24, 25)
Est. 8:5. Ester tivo moito tacto co rei Axuero (w06-S 1/3 páx. 11 par. 8)
Est. 8:17. Moita xente fíxose prosélita xudía (w06-S 1/3 páx. 11 par. 3)
Afondemos nas Escrituras (8 min)
Est. 8:1, 2. Como se cumpriu a profecía que fixo Xacob cando estaba a piques de morrer con respecto ó reparto do despoxo que faría Benxamín? (ia-S recadro da páx. 142)
Est. 9:10, 15, 16. Mesmo habendo un decreto que permitía o saqueo, por que os xudeus non o fixeron? (w06-S 1/3 páx. 11 par. 4)
Que me ensina a lectura bíblica desta semana acerca de Xehová?
Que ideas da lectura bíblica desta semana podo aplicar na predicación?
Lectura da Biblia. Est. 8:1-9 (máximo 4 min)
SEXAMOS MELLORES MESTRES
Preparemos as presentacións deste mes. Discurso con comentarios do auditorio. Pon as demostracións en vídeo e analiza as ideas principais co auditorio. A continuación, analiza o artigo “Sexamos mellores mestres. Como deseñar a túa propia presentación das revistas” (15 min)
A NOSA VIDA CRISTIÁ
“Deamos a benvida ós que nos visitan”. Discurso con comentarios do auditorio. Invita os predicadores a comentar algunha boa experiencia persoal que tivesen por tomar a iniciativa en ir saudar ós que nos visitaron na última Conmemoración. Inclúe unha recreación dalgunha experiencia especialmente destacable (15 min)
Estudo bíblico de congregación. ia-S cap. 10 pars. 12-21 e “Preguntas para pensar” do capítulo (30 min)
Resumo final e avance da semana seguinte (3 min)
Canción 147 e oración