A NOSA VIDA CRISTIÁ
Axuda á túa familia a non esquecer a Xehová
Xeremías recibiu a instrución de avisar os xudeus dunha inminente destrución debido a que esqueceran ó seu Deus, Xehová (Xer. 13:25). Como chegou a nación a este lamentable estado espiritual? As familias israelitas perderan a súa relación con Xehová. Estaba claro que os cabezas de familia non estaban a seguir o consello de Deuteronomio 6:5-7.
As familias cunha espiritualidade forte contribúen á estabilidade das congregacións. Os cabezas poden axudar á súa familia a acordarse de Xehová mediante un programa de Adoración en Familia regular e ben preparado (Sal. 22:28 [22:27, NM]). Despois de ver o vídeo Os preceptos estes estarán no teu corazón. Entrevistas a familias, contesta as seguintes preguntas:
-
Como conseguiron superar algunhas familias os obstáculos máis comúns á Adoración en Familia?
-
Cales son algúns dos beneficios de termos unha Adoración en Familia regular e ben preparada?
-
Cales son os obstáculos para celebrar a miña Adoración en Familia, e que fago para superalos?