Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Sé sabio ó escoller os teus amigos

Sé sabio ó escoller os teus amigos

Podemos aprender moito do que lles pasou ós israelitas nas chairas de Moab (1Co 10:6, 8, 11). Os israelitas empezaron a ter trato coas mulleres moabitas, que eran inmorais e adoraban ídolos. A súa influencia levounos a cometer pecados graves e as consecuencias foron terribles (Núm 25:9). Estamos rodeados de compañeiros de traballo e de escola, veciños, familiares e coñecidos que non adoran a Xehová. Que podemos aprender deste relato sobre os perigos de ter amizade con eles?

DESPOIS DE VER O VÍDEO EXEMPLOS QUE NOS SERVEN DE ADVERTENCIA PARA OS NOSOS DÍAS (FRAGMENTO), RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que punto de vista equivocado lle expresaron Zimrí e outros a Iamín?

  • Como axudou Pinhás a Iamín a ver os asuntos do xeito correcto?

  • Cal é diferenza entre ser amable con alguén que non adora a Xehová e ser o seu amigo?

  • Por que debemos escoller ben os nosos amigos aínda dentro da congregación?

  • Por que debemos evitar estar en grupos de redes sociais con xente que non coñecemos persoalmente?