SEXAMOS MELLORES MESTRES | SINTAMOS MÁIS ALEGRÍA NA PREDICACIÓN
Aceptemos a axuda que Xehová nos dá mediante a oración
É Xehová quen fai que a semente da verdade bote raíces e medre no corazón dunha persoa (1Co 3:6-9). Por iso, se queremos ter éxito na predicación, debemos acudir a Xehová para que nos axude a nós e tamén ós estudantes da Biblia.
Sé específico. Pídelle a Xehová que axude a quen estuda a Biblia contigo a aguantar as presións da vida e a vencer os obstáculos (Flp 1:9, 10). Pídelle espírito santo para que guíe os teus pensamentos e accións (Lc 11:13). Ensínalle ó estudante como orar e anímao a facelo. Ora con el e por el, mencionándoo por nome.
DESPOIS DE VER O VÍDEO A ALEGRÍA DE FACER DISCÍPULOS. ACEPTA A AXUDA DE XEHOVÁ. A ORACIÓN, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
A que desafío se enfrontou Iria canda lle daba clases da Biblia a Rut?
Como lle axudou a Iria o texto de 1 Corintios 3:6?
Como se solucionou o problema?