Ir ó contido

Ir ó índice

SEXAMOS MELLORES MESTRES | SINTAMOS MÁIS ALEGRÍA NA PREDICACIÓN

Ensinemos ós estudantes a alimentarse espiritualmente

Ensinemos ós estudantes a alimentarse espiritualmente

Para que os estudantes coñezan a Xehová e cheguen a ser cristiáns maduros, precisan aprender máis que o que nós lles ensinamos (Heb 5:12–6:2). Teñen que aprender a alimentarse espiritualmente por si mesmos.

Dende o principio, ensínalles como prepararse para a clase e anímaos a facelo (mwb18.03 páx. 6). Explícalles que é importante que oren antes do seu estudo persoal. Axúdalles a usar as ferramentas dixitais para estudar e manterse ó día cos contidos de jw.org e JW Broadcasting®. Pouco a pouco móstralles tamén a importancia de ler a Biblia tódolos días, prepararse para as reunións e buscar a resposta ás súas preguntas. Axúdalles a reflexionar no que aprenden.

DESPOIS DE VER O VÍDEO AXUDEMOS ÓS ESTUDANTES A ALIMENTARSE ESPIRITUALMENTE, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Como axudou Iria a Rut a entender que estudar implica máis que atopar as respostas?

  • Que lle axudou a Rut a convencerse de que Xehová ten a razón ó prohibir a inmoralidade sexual?

  • Ensínalles a estudar e a poñer en práctica o que aprenden

    Que chegou a entender Rut sobre reflexionar?