A NOSA VIDA CRISTIÁ
Como poden as irmás facer máis por Xehová?
As irmás fan un traballo moi valioso a favor do Reino (Sl 68:11, TNM). Elas imparten moitos dos cursos bíblicos que se levan a cabo. Ademais, unha porcentaxe moi alta dos pioneiros regulares son irmás. Miles serven como betelitas, misioneiras, tradutoras e voluntarias ou servas de construción. As irmás maduras fortalecen as súas familias e congregacións (Pr 14:1). Aínda que non poder servir como anciáns nin servos ministeriais, poden poñerse outras metas na congregación. Se es unha irmá, como podes facer máis por Xehová?
-
Cultiva calidades espirituais (1Ti 3:11; 1Pe 3:3-6).
-
Axuda a irmás da congregación que teñen menos experiencia (Tit 2:3-5).
-
Intenta dedicar máis tempo a predicar e mellorar a calidade do teu ensino.
-
Aprende outro idioma.
-
Múdate para onde fagan falta máis publicadores.
-
Solicita servir en Betel ou axudar en proxectos de construción.
-
Solicita asistir ó Curso para Evanxelizadores do Reino.
DESPOIS DE VER O VÍDEO MULLERES “QUE TRABALLAN POLO SEÑOR”, RESPONDE A SEGUINTE PREGUNTA:
-
Como te animaron os comentarios destas irmás?