Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Xehová salva os que están afundidos no desánimo

Xehová salva os que están afundidos no desánimo

Todos nos sentimos tristes nalgún momento. Iso non quere dicir que non teñamos fe en Xehová. De feito, incluso Xehová estivo triste nalgunha ocasión (Xén 6:5, 6). Pero que pasa se nos sentimos moi tristes todo o tempo?

Pídelle axuda a Xehová. El preocúpase moito pola nosa saúde mental e emocional. Sabe cando estamos felices e cando estamos tristes. Ademais, entende porque pensamos e nos sentimos así (Sl 7:10b, [7:9b, TNM]). O máis importante, Xehová preocúpase por nós e quere axudarnos a superar os sentimentos de tristeza ou depresión (Sl 34:19 [34:18, TNM]).

Coida a túa saúde mental. Os pensamentos negativos afectan, non só á nosa felicidade, senón tamén á nosa amizade con Xehová. Por esa razón facemos ben en protexer o noso corazón, a persoa do interior (Pr 4:23).

DESPOIS DE VER O VÍDEO COMO DESFRUTAN DE PAZ OS NOSOS IRMÁNS A PESAR DA DEPRESIÓN, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que cousas prácticas fixo Nikki para poder enfrontarse á depresión?

  • Por que Nikki pensou que necesitaba buscar axuda médica? (Mt 9:12).

  • De que formas demostrou Nikki que confiaba en que Xehová a axudaría?