Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Pastores que se esforzan por axudar ó pobo de Xehová

Pastores que se esforzan por axudar ó pobo de Xehová

Podemos entender que moita xente non confíe naqueles que teñen autoridade porque moitos abusaron do seu poder para beneficiarse a si mesmos (Miq 7:3). Por iso, agradecemos moito que os anciáns da congregación estean capacitados para usar a súa autoridade a favor do pobo de Xehová (Est 10:3; Mt 20:25, 26).

A diferenza dos que teñen autoridade neste mundo, os anciáns cumpren coas súas responsabilidades porque aman a Xehová e o seu pobo (Xn 21:16; 1Pe 5:1-3). Baixo a dirección de Xesús, estes pastores axudan a que, dentro da congregación, cada publicador se sinta coma na súa casa e estea cerca de Xehová. Eles están listos para darlles ánimo ás ovelliñas de Xehová e para axudarlles cando haxa unha emerxencia médica ou unha catástrofe. Se necesitas axuda, non dubides en falar cun ancián da túa congregación (Snt 5:14).

DESPOIS DE VER O VÍDEO PASTORES QUE COIDAN DAS OVELLIÑAS, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Como se beneficiou Mariana da axuda dos anciáns?

  • Como se beneficiou Elias da axuda dos anciáns?

  • Despois de ver este vídeo, que opinas do labor que fan os anciáns?