ISAÍAS 38-42
TESOUROS DA BIBLIA |Xehová dálle forza ó cansado
40:29-31
-
Unha aguia pode permanecer no aire durante horas grazas ás correntes térmicas, que son columnas ascendentes de aire quente. Cando atopa unha destas correntes, voa en círculos dentro dela, o cal lle permite ascender progresivamente. Ó acadar certa altura, plana ata a seguinte corrente e repite o proceso.
-
O voo aparentemente sen esforzo da aguia exemplifica moi ben que podemos seguir servindo a Xehová grazas ás forzas que el nos dá.