Ir ó contido

Ir ó índice

SEXAMOS MELLORES MESTRES | SINTAMOS MÁIS ALEGRÍA NA PREDICACIÓN

Axudemos ós estudantes a evitar as malas compañías

Axudemos ós estudantes a evitar as malas compañías

Para ser amigos de Xehová, os estudantes da Biblia deben escoller boas compañías (Sl 15:1, 4). Os bos amigos axudaranlles a facer o que está ben (Pr 13:20; lff lección 48).

Mostra empatía cando axudes ós estudantes da Biblia a evitar as malas compañías. Podería ser difícil para eles deixar de pasar tempo cos amigos que non son testemuñas de Xehová. Incluso os días que non estudedes xuntos, interésate sinceramente por eles. Por exemplo, podes mandarlles unha mensaxe, chamalos por teléfono ou mesmo visitalos. A medida que os estudantes avancen, poderías invitalos a pasar tempo cos irmáns da congregación. Así daranse conta de que están gañando moito máis do que perden (Mc 10:29, 30). Ti tamén sentirás moita alegría ó ver como medra a familia de Xehová.

DESPOIS DE VER O VÍDEO AXUDEMOS ÓS ESTUDANTES A EVITAR AS MALAS COMPAÑÍAS, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que son as malas compañías? (1Co 15:33).

  • Como imaxinaba Rut que se divirten as testemuñas de Xehová?

  • Como axudou Iria a Rut a facer novos amigos e deixar as malas compañías?