SEXAMOS MELLORES MESTRES|SINTAMOS MÁIS ALEGRÍA NA PREDICACIÓN
Axudemos ós estudantes a asistir ás reunións
As reunións de congregación son unha parte esencial da adoración pura (Sl 22:23 [22:22, TNM]). Tódolos que se reúnen para adorar a Xehová desfrutan de alegría e bendicións (Sl 65:5 [65:4, TNM]). Os estudantes da Biblia a miúdo avanzan máis rápido cando asisten ás reunións regularmente.
Como podes axudar ós estudantes da Biblia a asistir ás reunións? Non deixes de invitalos. Móstralles o vídeo Como son as nosas reunións? e explícalles os beneficios de asistir (lff lección 10). Podes compartir con eles algunha idea que aprendeses nunha reunión ou falarlles de algo que se vai analizar proximamente. Asegúrate de que teñan as publicacións que se van usar. Ademais, ofrécelles axuda práctica, como transporte para poder asistir. Calquera esforzo que fagas ben valerá a pena cando o estudante asista por primeira vez a unha reunión (1Co 14:24, 25).
DESPOIS DE VER O VÍDEO AXUDEMOS ÓS ESTUDANTES A ASISTIR ÁS REUNIÓNS, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Que oportunidade aproveitou Iria para invitar a Rut a unha reunión?
-
Por que sentimos moita alegría cando un estudante da Biblia asiste ás reunións?
-
Como se sentiu Rut cando foi á súa primeira reunión?