A NOSA VIDA CRISTIÁ
Mozos, falade abertamente cos vosos pais
Por que contarlles ós teus pais o que pensas? (Pr 23:26). Porque Xehová lles deu a responsabilidade de coidar de ti e guiarte (Sl 127:3, 4). Se non lles dis o que che preocupa ou o que che importa, seralles moi difícil axudarche. Ademais, perderías a oportunidade de aprender da experiencia que teñen na vida. Está mal que non lles contes todo o que pensas? Non necesariamente, sempre que non lles mintas ou lles ocultes información que teñen dereito a saber (Pr 3:32).
Que che pode axudar á hora de falar cos teus pais? Intenta escoller un momento bo para todos. Se isto resulta complicado, poderías escribirlles unha carta para explicarlles como te sentes. Pero, e se queren falar de algo e ti non? Lembra que o que queren é axudarche. Eles son os teus aliados, non os teus inimigos. Os esforzos que fagas por comunicarte abertamente con eles beneficiarante agora e para sempre (Pr 4:10-12).
DESPOIS DE VER O VÍDEO A MIÑA VIDA COMO ADOLESCENTE. COMO FALAR COS MEUS PAIS?, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Que recoñecen Esther e Partik?
-
Que podes aprender do exemplo de Xesús?
-
Como che demostraron os teus pais que se preocupan por ti?
-
Que principios bíblicos poderían axudarche a falar cos teus pais?