Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 28

A nova canción

A nova canción

(Salmo 98)

1. Cántalle a Xehová, aprende a nova canción,

conta as marabillas da súa salvación.

A vitoria está no seu triunfante guerrear,

a tódolos pobos con xustiza ha tratar.

(REFRÁN)

Canta xa,

a túa voz oirán!

Canta xa

ó noso Rei Xehová!

2. Cántalle ó Señor, alegre ante o noso Rei,

el merece honra, fai caso á súa lei.

Xunta, a creación ben forte canta ó Creador,

cun son harmonioso, un canto atronador.

(REFRÁN)

Canta xa,

a túa voz oirán!

Canta xa

ó noso Rei Xehová!

3. Ruxe, inmenso mar, as ondas bailan ó teu son,

imos, todos xuntos, cantar de corazón.

Canda nós, a voz da chuvia vai repenicar,

o zoar do vento ás fragas fai cantar.

(REFRÁN)

Canta xa,

a túa voz oirán!

Canta xa

ó noso Rei Xehová!

(Ver tamén Sal. 96:1; 149:1; Is. 42:10.)