Canción 109
Alabemos o Primoxénito de Xehová!
(Hebreos 1:6)
1. Viva Xesucristo!
Xehová nomeouno Rei.
Goberna con verdade,
é xusto na súa lei.
Con gloria, dignidade
e amor por Deus Xehová,
a gran soberanía
de Deus vindicará.
(REFRÁN)
Viva Xesucristo!
Xa reina no Monte Sión.
Exerce como unxido
a súa gobernación.
2. Viva Xesucristo!
Morreu para nós vivir.
Pagou así o rescate
que nos pode redimir.
A noiva agarda a Cristo
de branco virxinal.
Con esta unión nos ceos
Deus triunfará ó final!
(REFRÁN)
Viva Xesucristo!
Xa reina no Monte Sión.
Exerce como unxido
a súa gobernación.
(Ver tamén Sal. 2:6; 45:3, 4; Ap. 19:8.)