Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 29

Camiñarei con integridade

Camiñarei con integridade

(Salmo 26)

1. Querido Pai, xustiza faime ti,

ben sabes que son fiel, ten compaixón de min.

E limpa a miña mente e corazón,

pois quero recibir a túa bendición.

(REFRÁN)

Confío en ti, eu non esvararei,

e toda a vida, Pai, eu fiel camiñarei.

2. Non ando con quen odia a túa luz,

que mente, oh, Xehová, sen ter temor ningún.

Cos falsos non me leves, por favor,

pois nunca me xuntei con quen é malfeitor.

(REFRÁN)

Confío en ti, eu non esvararei,

e toda a vida, Pai, eu fiel camiñarei.

3. Servirte co teu pobo sempre amei,

estar ó seu carón gardando a túa lei.

As novas, Deus, non deixo de anunciar,

pois inda queda quen precisa de escoitar.

(REFRÁN)

Confío en ti, eu non esvararei,

e toda a vida, Pai, eu fiel camiñarei.

(Ver tamén Sal. 25:2.)