Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 21

“Ditosos os misericordiosos”

“Ditosos os misericordiosos”

(Mateo 5:7)

1. Felices son, di Deus Xehová,

os que se esforzan por mostrar

misericordia e compaixón

do mesmo xeito có Señor.

Misericordia Deus mostrou:

á Terra a Xesús mandou.

O Seu perdón ofrece o Pai,

dos erros non se lembra máis.

2. Os que demostren compaixón

recibirán de Deus perdón,

por graza de Xesús será,

misericordia atoparán.

Queremos que os demais tamén

reciban a mensaxe d’El:

“Quen serve a Deus é moi feliz,

axiña o Reino ha de vir”.

3. Quen mostre a outros compaixón

será xulgado con amor.

Misericordia Deus terá

dos que souberon perdoar.

Queremos compasivos ser,

misericordia sempre ter.

Seguir o exemplo de Xehová,

felices sempre nos fará.

(Ver tamén Lc. 6:36; Rm. 12:8; Sant. 2:13.)