Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 69

Ensíname os teus camiños

Ensíname os teus camiños

(Salmo 25:4)

1. Estamos aquí onde queres, Xehová,

é así porque nos invitaches.

A Lei que nos dás, está a iluminarnos,

con ela ti nos ensinaches.

(REFRÁN)

Faime entender os teus camiños, Deus,

quero escoitalos e facelos meus.

Así estarei por sempre ó teu carón

e os poderei gardar no corazón.

2. Pola túa sabedoría, Xehová,

ti fas que atopemos a calma.

Na Lei que nos dás, tan marabillosa,

irá sempre a nosa alma.

(REFRÁN)

Faime entender os teus camiños, Deus,

quero escoitalos e facelos meus.

Así estarei por sempre ó teu carón

e os poderei gardar no corazón.

(Ver tamén Éx. 33:13; Sal. 1:2; 119:27, 35, 73, 105.)