Canción 2
Graciñas, Xehová!
(1a Tesalonicenses 5:18)
1. As grazas che damos ó erguernos, Xehová,
xa que ti alumeas o noso andar.
Graciñas che damos por ter a oración;
falarche a diario, que bendición!
2. As grazas che damos por darnos un Rei,
venceu el o mundo coa súa fe.
Graciñas che damos por nos axudar
a ir cara adiante, a te louvar.
3. As grazas che damos por ter o pracer
de dar o teu nome a coñecer.
Graciñas che damos por canto ha de vir:
no teu Reino eterno poder vivir.
(Ver tamén Sal. 50:14; 95:2; 147:7; Col. 3:15.)