Canción 53
Traballemos xuntos e unidos
(Efesios 4:3)
1. Nun rabaño, Deus recolleu
as ovellas que el escolleu.
Sempre unidos, somos irmáns,
sempre entre nós hai paz.
Xuntos e felices,
harmonía hai!
A seitura vai rematar,
moitos quedan por apañar.
Traballamos ata o solpor
na obra do Pastor.
2. Unha mente, un corazón,
nós pregamos con devoción.
Se é forte a nosa unión,
non che hai división!
Sempre temos conta
de ser bos irmáns.
Con axuda do noso Deus,
ben tratamos ós que son Seus.
Servirémolo ata o final,
xuntos no Seu curral.
(Ver tamén Miq. 2:12; Sof. 3:9; 1a Cor. 1:10.)