Deámoslle gloria a Xehová!
(Salmo 96:8)
Descargar:
1. Deus poderoso, eterno,
non hai ninguén coma ti.
Como farei pra pagarche
o moito que coidas de min?
Cando me fixo nos ceos,
vexo poder e esplendor.
Quen son eu pra que me mostres
tan tenro cariño e amor?
(REFRÁN)
Xehová, meu Deus, só ti mereces ter
toda gloria, todo honor!
O teu poder... que impresionante é!
Fai que cante de emoción.
Ti es único, Señor!
2. A miña vida é túa,
todo o que teño é pra ti.
Quero contarlle ó mundo
que ó teu lado son moi feliz.
Penso en ti cada día,
lóuvote ó despertar.
Que privilexio servirte!
Ti es meu amigo, meu Pai.
(REFRÁN)
Xehová, meu Deus, só ti mereces ter
toda gloria, todo honor!
O teu poder... que impresionante é!
Fai que cante de emoción.
Ti es único, Señor!
3. Ó ve-los mares e os vales
xunto ás estrelas e ó Sol,
sinto alegría e asombro...
ensínanme que es amor.
Sabedoría e beleza
pódense ver ó redor.
Como non vou darche gloria
se e-lo meu Rei e Creador?
(REFRÁN)
Xehová, meu Deus, só ti mereces ter
toda gloria, todo honor!
O teu poder... que impresionante é!
Fai que cante de emoción.
Ti es único, Señor!
(Ver tamén Sal. 96:1-10; 148:3, 7.)