Dálle a Xehová o mellor que tes
Descargar:
1. Cando eras neno, era moi fácil
orar a Deus e nel confiar.
E sen medo falabas do Reino,
con valor ías predicar.
(PRERREFRÁN)
E pasan os meses, e creces, e moitas veces
notas que xa non é tan fácil iso de ir a predicar.
E faste máis forte, valente, segues adiante.
Tes un futuro brillante
que axiña vai chegar.
(REFRÁN)
Dá o mellor que tes e sen dubidar
nin mirar atrás.
Xehová ve o teu corazón e confía en ti.
Se vives para el
vas ser moi feliz.
2. Pasan os anos e as probas non paran.
Sigue a loitar e vencerás.
Se te sentes perdido, recorda:
ora a Deus, el sempre escoita.
(PRERREFRÁN)
E pasan os meses, e creces, sentes novas forzas.
Fálalle a Deus e así os medos fuxirán.
E faste máis forte, valente, segues adiante.
Tes un futuro brillante
que axiña vai chegar.
(REFRÁN)
Dá o mellor que tes e sen dubidar
nin mirar atrás.
Xehová ve o teu corazón e confía en ti.
Se vives para el
vas ser moi feliz.
(TRANSICIÓN)
Dálle a Xehová o mellor que tes.
A túa vida pode ser feliz pra sempre.
(REFRÁN)
Dá o mellor que tes e sen dubidar
nin mirar atrás.
Xehová ve o teu corazón e confía en ti.
Se vives para el
vas ser moi feliz.
(TRANSICIÓN)
Dálle a Xehová o mellor que tes.
A túa vida pode ser feliz pra sempre.
Dálle a Xehová o mellor que tes.
A túa vida pode ser feliz pra sempre.