Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 118

Auméntanos a fe

Auméntanos a fe

(Lucas 17:5)

  1. 1. Ó sermos imperfectos, Pai querido,

    o mal axexa, loita por vencer,

    e non queremos que nos enguedelle,

    pregamos, Pai: auméntanos a fe!

    (REFRÁN)

    Máis fe, Xehová, rogamos que nos deas.

    Escoita, Pai, a nosa petición.

    Oh, dános fe, a fe que precisamos,

    pra logo nós poñela en acción.

  2. 2. Sen fe non somos quen de agradarche,

    só quen te busca ten o teu favor.

    Escudo é a fe, prové refuxio,

    miramos ó futuro sen temor.

    (REFRÁN)

    Máis fe, Xehová, rogamos que nos deas.

    Escoita, Pai, a nosa petición.

    Oh, dános fe, a fe que precisamos,

    pra logo nós poñela en acción.

(Ver tamén Xén. 8:21; Heb. 11:6; 12:1.)