CANCIÓN 138
Os cabelos brancos son unha “coroa de gloria”
(Proverbios 16:31)
-
1. Fieis irmáns hai xunta nós,
novos xa non son.
Serven a Xehová con fe,
fano por amor.
Poucas forzas teñen xa,
pero son leais.
Failles ve-lo seu valor,
dálles azos, Pai.
(REFRÁN)
Deus Xehová, recorda
o seu fiel labor.
Coida moito deles,
dálles teu amor.
-
2. Moi fermosos son pra ti
estes fieis irmáns.
Seus cabelos brancos son
algo que honrar.
Moi valiosos son pra ti
e tamén pra nós.
Deron o mellor de si,
bos exemplos son.
(REFRÁN)
Deus Xehová, recorda
o seu fiel labor.
Coida moito deles,
dálles teu amor.
(Ver tamén Sal. 71:9, 18; Pr. 20:29; Mt. 25:21, 23; Lc. 22:28; 1 Tim. 5:1.)