Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 14

Louvemos o novo Rei da Terra

Louvemos o novo Rei da Terra

(Salmo 2:6)

  1. 1. Xesús e mailos seus irmáns

    traballan sen descanso

    na busca dos que son leais,

    na busca só dos mansos.

    O Reino, vede, xa naceu,

    un rei Xehová ben escolleu.

    Acougo por sempre prometeu.

    Viviremos sen máis pranto!

    (REFRÁN)

    Gloria Deus che damos. Xa Xesús goberna.

    Xuntos louvémo-lo novo Rei.

    Ben xuntiños seguiremos leais.

    Ó Reino seremos fieis.

  2. 2. Cancións e versos cantarei

    con sons de gran ledicia

    pois Cristo sempre xulgará

    a todos con xustiza.

    Fermosas bendicións virán,

    sen dor, sen medo, sen final.

    Os nosos da morte volverán.

    Que motivo de ledicia!

    (REFRÁN)

    Gloria Deus che damos. Xa Xesús goberna.

    Xuntos louvémo-lo novo Rei.

    Ben xuntiños seguiremos leais.

    Ó Reino seremos fieis.

(Ver tamén Sal. 45:2 [45:1, NM]; Is. 9:5 [9:6, NM]; Xn. 6:40.)