CANCIÓN 150
Xehová é quen te salvará
(Sofonías 2:3)
-
1. Os pobos todos van,
unidos no seu afán,
en contra do Señor Xesús,
mais saben que perderán.
Non queren aceptar
que Cristo vai gobernar.
O Rei o mal eliminará,
axiña, non ha tardar!
(REFRÁN)
Ten fe no Deus da salvación,
confía nel de corazón!
Nunca fagas mal,
sempre sé leal,
fica firme xunta Xehová.
Xamais dubides do teu Pai,
quen te salvará!
-
2. Teñen que decidir
se queren ó Rei servir.
Seguimos a falar de Deus,
mais poucos fan por ouvir.
Non temos que temer,
nin medo xamais coller.
Xehová será quen nos librará,
os xustos vai defender!
(REFRÁN)
Ten fe no Deus da salvación,
confía nel de corazón!
Nunca fagas mal,
sempre sé leal,
fica firme xunta Xehová.
Xamais dubides do teu Pai,
quen te salvará!
(Ver tamén 1 Sam. 2:9; Sal. 2:2, 3, 9; Pr. 2:8; Mt. 6:33.)