Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 18

Grazas polo rescate

Grazas polo rescate

(Lucas 22:20)

  1. 1. Queremos darche grazas,

    Pai, de corazón

    por mostrarnos, oh, Xehová,

    infinito amor.

    O teu querido Fillo

    deches ti por nós.

    Que gran regalo, Deus,

    non hai outro superior!

    (REFRÁN)

    Xesús a vida deu por nós

    pra que teñamos salvación.

    Graciñas, Pai,

    xamais esquecerei o teu amor.

  2. 2. De boa gana veu Xesús

    morrer por nós,

    o seu sangue é vital

    para te-lo perdón.

    Agora temos un futuro,

    un porvir...

    Moi pronto xuntos poderemos

    vivir sen fin!

    (REFRÁN)

    Xesús a vida deu por nós

    pra que teñamos salvación.

    Graciñas, Pai,

    xamais esquecerei o teu amor.

(Ver tamén Heb. 9:13, 14; 1 Pe. 1:18, 19.)