CANCIÓN 54
Este é o camiño
(Isaías 30:20, 21)
-
1. Hai un camiño
que nos ensinou Xehová.
Andar por el daranos
folgos, vida, paz...
É un sendeiro fiable
que Xesús mostrou.
A Biblia é a guía
que Xehová deixou.
(REFRÁN)
É o camiño que marcou Xehová.
Se segues nel, á vida chegarás.
Camiña firme, sen dubidar.
Camiña nel, sen nunca recuar.
-
2. Hai un camiño
no que Deus nos ensinou
o seu amor, tenrura
e gran compaixón.
O seu querer é grande,
puro, sen final.
Andar por el xamais
nos vai decepcionar.
(REFRÁN)
É o camiño que marcou Xehová.
Se segues nel, á vida chegarás.
Camiña firme, sen dubidar.
Camiña nel, sen nunca recuar.
-
3. Hai un camiño
que á vida levará.
Xehová promete darnos
guía, luz e paz.
Por este vieiro, Deus
nos coida con amor.
Sigamos nel
andando xuntos sen temor.
(REFRÁN)
É o camiño que marcou Xehová.
Se segues nel, á vida chegarás.
Camiña firme, sen dubidar.
Camiña nel, sen nunca recuar.
(Ver tamén Sal. 32:8; 139:24; Pr. 6:23.)