CANCIÓN 79
Ensinémoslles a estar firmes na fe
-
1. Que honor os estudantes ver
progresar e madurar!
Foi Xehová quen os colleu da man,
motivounos a cambiar.
(REFRÁN)
E cada día, sen cansar,
por eles pido a Xehová,
que sigan firmes con gran fe, pra non ceder,
e que confíen sempre nel.
-
2. Por amor, cariño lles mostrei,
de Xehová lles ensinei.
Decisións tiveron que tomar,
foron fieis e foilles ben.
(REFRÁN)
E cada día, sen cansar,
por eles pido a Xehová,
que sigan firmes con gran fe, pra non ceder,
e que confíen sempre nel.
-
3. A Xesús terán que imitar,
a seu Pai obedecer.
Só así pra sempre vivirán.
Que feliz farán a Deus!
(REFRÁN)
E cada día, sen cansar,
por eles pido a Xehová,
que sigan firmes con gran fe, pra non ceder,
e que confíen sempre nel.
(Ver tamén Luc. 6:48; Feit. 5:42; Filip. 4:1.)