Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 83

De casa en casa

De casa en casa

(Feitos 20:20)

  1. 1. De casa en casa imos ir

    a todos anunciar:

    “O Reino pronto chegará,

    Xesús goberna xa”.

    Que gran pracer colaborar

    co noso Creador!

    Maiores, nenos, todos nós

    falamos con valor.

  2. 2. De casa en casa imos ir

    falar do noso Deus.

    Que todos poidan escoller

    se van ser servos seus.

    Pois como van poñer fe nel

    se non lles din quen é?

    O seu gran nome é Xehová,

    terano que saber.

  3. 3. Por todas partes imos ir

    buscando sen parar,

    as ovelliñas de Xehová

    queremos encontrar.

    Noticias son de salvación

    se queren escoitar.

    Tal como Cristo nos mandou,

    iremos predicar.

(Ver tamén Feit. 2:21; Rom. 10:14.)