Ir ó contido

Ir ó índice

CAPÍTULO 10

Xesús é máis poderoso que os demos

Xesús é máis poderoso que os demos

RECORDAS por que un dos anxos de Deus se converteu en Satanás?... Este anxo púxose en contra de Deus porque era egoísta e porque quería que o adorasen a el. Houbo outros anxos que apoiaron a Satanás?... Si. A Biblia chámalles anxos de Satanás ou demos (Apocalipse 12:9).

Cren en Deus estes anxos malos?... A Biblia di que si (Santiago 2:19). De feito, téñenlle medo a Deus porque saben que os castigará polas cousas malas que fixeron. Que cousas malas fixeron?...

O lugar onde deben estar os anxos é o ceo. Pero a Biblia explica que estes anxos deixaron o ceo e baixaron á Terra para vivir coma os humanos. Por que fixeron isto? Porque viron que as mulleres da Terra eran moi guapas e desexaban ter relacións sexuais con elas (Xénese 6:1, 2; Xudas 6). Que sabes ti sobre as relacións sexuais?...

Un home e unha muller teñen relacións sexuais cando se unen dunha forma moi especial. Esta unión pode facer que un bebé empece a crecer na barriga da nai. Pero para os anxos ter relacións sexuais está mal. Deus só quere que teñan relacións sexuais un home e unha muller que estean casados entre eles. Desta maneira, cando naza o bebé, tanto o home como a muller poderán coidalo.

Que cousas malas fixeron estes anxos?

Os anxos fixéronse corpos humanos e tiveron relacións sexuais coas mulleres na Terra. Os seus fillos medraron moito e convertéronse en xigantes. Eran moi malos e facíanlles dano a outras persoas. Por iso Deus tivo que traer o Diluvio, unha grande inundación que destruíu estes xigantes e tódalas persoas malas. Pero as persoas boas salváronse. Deus díxolle a Noé que construíse unha arca, un barco moi grande, para salvar as poucas persoas boas que había. O Gran Mestre dixo que é moi importante que recordemos o que pasou no Diluvio (Xénese 6:3, 4, 13, 14; Lucas 17:26, 27).

Sabes que lles pasou ós anxos malos cando veu o Diluvio?... Deixaron os corpos humanos que fixeran e volveron ó ceo. Pero xa non puideron volver a ser anxos de Deus. Por iso empezaron a ser anxos de Satanás, é dicir, demos. E que pasou cos seus fillos, os xigantes?... Todos morreron no Diluvio, xunto co resto de persoas que non obedeceron a Deus.

Por que hai máis problemas ca nunca antes na Terra?

Despois do Diluvio, Deus nunca volveu a deixar que os demos se fixesen corpos humanos. Pero, aínda que non podemos velos, os demos seguen intentando que as persoas fagan cousas malas. De feito, agora están causando máis problemas ca nunca antes. Isto é porque os botaron do ceo e agora viven na Terra.

Sabes por que non podemos ver os demos?... Porque son invisibles. Pero podemos estar seguros de que existen. A Biblia di que Satanás está enganando “a tódolos homes” coa axuda dos seus demos (Apocalipse 12:9, 12).

Poden enganarnos a nós tamén Satanás e os seus demos?... Si, poden facelo se non temos coidado. Pero non temos que ter medo. O Gran Mestre dixo de Satanás: “Sobre min el non ten ningún poder”. Se seguimos estando cerca de Deus, el protexeranos de Satanás e dos seus demos (Xoán 14:30, TNM).

É importante saber que cousas malas queren que fagamos os demos. Pensemos un pouco. Que cousas malas fixeron eles cando viñeron á Terra?... Antes do Diluvio, tiveron relacións sexuais coas mulleres, algo que Deus lles prohibira facer. Agora, alégranse moito ó ver que as persoas non obedecen as leis de Deus sobre as relacións sexuais. Recordas quen son os únicos que deberían ter relacións sexuais?... Exacto, só as persoas que están casadas.

Hoxe en día moitos rapaces e rapazas teñen relacións sexuais, pero iso é algo malo para eles. A Biblia fala do órgano xenital masculino, que é o pene (Deuteronomio 23:2 [23:1, TNM]). E o órgano xenital feminino é a vulva. Xehová creou estas partes do corpo cunha función especial que só poderían desfrutar as persoas casadas. Os demos alégranse cando a xente fai cousas que Xehová prohibe. Por exemplo, ós demos gústalles cando un rapaz e unha rapaza xogan co pene e coa vulva do outro. Pero nós non queremos facer felices ós demos, verdade?...

Hai outra cousa que lles gusta ós demos pero que Xehová odia. Sabes que é?... A violencia (Salmo 11:5). As persoas violentas son crueis e fanlles dano a outros. Recorda que así eran os fillos dos demos.

Ós demos tamén lles gusta asustar a xente. Ás veces, fanse pasar por persoas que morreron e incluso imitan as súas voces. Desa maneira, conseguen enganar a moitas persoas e fanlles crer que os mortos están vivos e que poden falar con eles. Pola súa culpa moita xente cre que os fantasmas existen.

Así que debemos estar atentos para que Satanás e os demos non nos enganen. A Biblia advírtenos de que “Satanás se disfraza de anxo da luz” e os que o serven fan o mesmo (2 Corintios 11:14, 15). Pero a verdade é que os demos son malos. Vexamos que cousas usan para que sexamos coma eles.

Onde poden ver as persoas moita violencia, relacións sexuais que Deus prohibe e historias sobre espíritos e fantasmas?... Non che parece que pode ser en películas, na televisión, nos videoxogos, en Internet e en cómics? Acércannos estas cousas máis a Deus? Ou máis ben acércannos a Satanás e ós demos? Que opinas?...

Que pasará se vemos películas ou programas violentos?

Quen pensas que quere que escoitemos e vexamos cousas malas?... Así é, Satanás e os seus demos. Entón, que necesitamos facer?... Temos que ler, escoitar e ver cousas que sexan boas para nós e que nos axuden a servir a Xehová. Podes mencionar algunha desas cousas boas que poderiamos facer?...

Que é bo que fagamos?

Se facemos o que está ben non temos por que terlles medo ós demos. Xesús é máis forte ca eles e eles téñenlle medo a el. De feito, nunha ocasión os demos berráronlle dicindo: “Viñeches para acabar connosco?” (Marcos 1:24). Verdade que nos poñeremos moi contentos cando Xesús os destrúa?... Mentres tanto, podemos estar seguros de que Xesús nos protexerá dos demos se seguimos estando cerca del e do seu Pai celestial.

Le sobre o que necesitamos facer para protexernos de Satanás e dos demos en 1 Pedro 5:8, 9 e Santiago 4:7, 8.