Ir ó contido

Ir ó índice

Introdución á sección 5

Introdución á sección 5

Dous meses despois de cruzar o Mar Rubio, os israelitas chegaron ó monte Sinaí. Alí Xehová fixo con eles unha alianza, ou acordo, para que fosen a súa nación escollida. Protexeunos e deulles todo canto precisaban: maná para comer, roupa que non se gastaba, e lugares seguros onde acampar. Se tes fillos, axúdalles a entender por que Xehová lle deu a Israel a Lei, o tabernáculo e mailo sacerdocio. Destaca a importancia de cumprir coa nosa palabra, e ser sempre humildes e leais a Xehová.

NESTA SECCIÓN

CAPÍTULO 23

Os israelitas fan unha promesa

Cando estaban acampados ó pé do monte Sinaí, os israelitas fixéronlle unha importante promesa a Deus.

CAPÍTULO 24

Rompen a súa promesa

Mentres Moisés agardaba a que Xehová lle entregase os Dez Mandamentos, o pobo cometeu un pecado moi grave.

CAPÍTULO 25

Un lugar onde adorar a Deus

A arca da alianza estaba dentro do tabernáculo.

CAPÍTULO 26

Os doce espías

Xosué e Caleb eran distintos dos outros dez homes que exploraron a terra de Canaán.

CAPÍTULO 27

Unha rebelión contra Xehová

Coré, Datán, Abiram e outros 250 homes non se decataron de algo moi importante sobre Xehová.

CAPÍTULO 28

Unha burra que fala!

A burra viu algo que Balaam non podía ver.