Ir ó contido

Ir ó índice

CAPÍTULO 50

Xehová defende a Ioxafat

Xehová defende a Ioxafat

Ioxafat, o rei de Xudá, quitou do país tódolos ídolos e altares que había para adorar a Baal. Quería que a xente coñecese as leis de Xehová. Así que enviou oficiais e levitas por todo o país para que llas ensinasen ó pobo.

Como as nacións veciñas sabían que Xehová estaba de parte do pobo de Xudá, tiñan medo de atacalos. Incluso lle levaban regalos ó rei Ioxafat. Pero entón, os moabitas, os amonitas e xente de Seir viñeron pelexar contra Xudá. Ioxafat sabía que precisaba da axuda de Xehová. Así que xuntou todo o pobo en Xerusalén, homes, mulleres e nenos. Diante deles, pregoulle a Deus: “Xehová, sen ti non podemos gañar. Por favor, dinos que facer”.

Xehová respondeu a súa oración: “Non vos asustedes. Vouvos axudar. Estade quietos e firmes, e contemplade como vos salvo”. Como faría Xehová?

A mañá seguinte, Ioxafat escolleu cantores e díxolles que camiñasen diante do exército. Foron dende Xerusalén ata Tecoa, onde estaba o campo de batalla.

Mentres os cantores louvaban ben alto a Xehová, El loitaba polo seu pobo. Xehová confundiu os amonitas e moabitas e eles comezaron a pelexar uns cos outros. Ningún deles sobreviviu. Pero Xehová protexeu o seu pobo, os soldados e os sacerdotes. Toda a xente dos arredores oíu o que pasara e souberon que Xehová seguía a defender o seu pobo. Como salva Xehová os seus servos? De moitas maneiras. El non precisa da axuda dos humanos.

“Non teredes necesidade de combater; estade quietos e firmes contemplando como vos salva o Señor” (2 Crónicas 20:17)