Carta do Consello Reitor
A tódolos que queren a Xehová e a súa Palabra, a Biblia:
Xesús dixo: “Coñeceréde-la verdade e a verdade faravos libres” (Xoán 8:32). Como te sentiches cando escoitaches por primeira vez as verdades da Biblia? Seguro que foi moi emocionante saber que podes coñecer a verdade, malia vivires nun mundo cheo de mentiras (2 Timoteo 3:1).
Xehová quere que coñezamos a verdade, e nós desexamos compartila coas persoas porque as queremos. Pero servir a Xehová implica algo máis. Sentimos un profundo respecto polas normas de Xehová. Por iso debemos esforzarnos por vivir como cristiáns. Xesús explicou un xeito moi importante de demostrarlle a Xehová que o queremos. Dixo: “Se gardáde-los meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, coma eu gardei os mandamentos de meu Pai, e permanezo no seu amor” (Xoán 15:10).
Xesús quere moito a seu Pai e fai todo o que lle pide. Se seguimos o seu exemplo, Xehová vainos querer moito e seremos felices de verdade. Como dixo Xesús, “se sabedes estas cousas, seredes felices, con tal de que as cumprades” (Xoán 13:17).
Esperamos que, coa axuda deste libro, aprendas a vivir de acordo co que ensina a Biblia e chegues a ser amigo de Deus. Pedímoslle a Xehová que o teu amor por el siga medrando para que poidas continuar “no amor de Deus” e acadar “a vida eterna” (Xudas 21).
Consello Reitor das Testemuñas de Xehová