APÉNDICE
Que significan os termos Xeol e Hades?
NOS idiomas orixinais nos que foi escrita, a Biblia usa o termo hebreo sheʼohlʹ e o termo grego equivalente haiʹdes máis de setenta veces. Ambas palabras están relacionadas co concepto da morte, e algunhas Biblias, incluídas algunhas traducións galegas, tradúcenas como “sepulcro”, “inferno” ou mesmo “abismo”. Pero a maioría dos idiomas non contan con palabras que signifiquen exactamente o mesmo que os termos orixinais. Entón, que significarán Xeol e Hades? Vexamos como se usan en varias pasaxes da Biblia.
Eclesiastés 9:10 asegura: “Canto estea na túa man facer, ¡faino! Porque non hai actividade, nin cálculo, nin coñecer, nin Sabedoría no Xeol, para onde camiñas”. Podería parecer que nesta pasaxe bíblica o termo Xeol refírese a un lugar concreto onde temos enterrado a algún ser querido, pero é así? Non, xa que cando a Biblia fala da sepultura onde hai alguén enterrado usa outros termos distintos a sheʼohlʹ ou haiʹdes (Xénese 23:7-9; Mateo 28:1). O termo Xeol tampouco se utiliza na Biblia para referirse a un lugar onde hai varias persoas enterradas xuntas, como por exemplo un panteón familiar ou unha foxa común (Xénese 49:30, 31).
A que se referirá entón a Biblia cando emprega os termos Xeol ou Hades? A un lugar moito maior incluso ca unha enorme foxa común. Por exemplo, Isaías 5:14 di que “o Xeol ensancha a súa gorxa e abre sen medida a súa boca”. Por así dicilo, aínda que desgraciadamente o Xeol leva tragado xente a moreas, semella que nunca ten abondo (Proverbios 30:15, 16). A diferenza dun cemiterio, no que cabe un número limitado de persoas, o Xeol nunca se dá farto (Proverbios 27:20). Así é, o Xeol nunca se enche. Non ten límite. Polo tanto, deducimos que o Xeol, ou Hades, non é un lugar físico no que hai persoas enterradas, senón que é un lugar figurativo. Así que cando unha persoa morre, entra neste lugar simbólico onde a gran maioría da humanidade descansa na morte.
Cando aprendemos a ensinanza bíblica da resurrección podemos entender mellor o significado dos termos Xeol e Hades, Xob 14:13; Feitos 2:31). a Tamén di que no Xeol, ou Hades, están tanto aqueles que serviron a Xehová coma moitos outros que non o fixeron (Apocalipse 20:13). Por iso a Biblia ensina que “haberá resurrección de xustos e inxustos” (Feitos 24:15).
xa que a Palabra de Deus relaciónaos cunha morte da que se pode resucitar (a Pola contra, a Biblia indica que os mortos que non resucitarán non están no Xeol ou Hades, senón nun lugar que en hebreo se chama “Guehenna” (traducido como “inferno” en Mateo 5:30; 10:28; 23:33 en A Biblia [SEPT]) e que tampouco é un lugar literal.