APÉNDICE
Xesucristo, o Mesías prometido
A FIN de axudarnos a identificar o Mesías, Xehová inspirou a moitos profetas da Biblia para que desen detalles do nacemento, a predicación e a morte daquel que rescataría a humanidade. Estas profecías son moi detalladas e precisas, e todas elas cúmprense en Xesucristo. Para comprobalo, imos analizar algunhas das que predixeron acontecementos relacionados co nacemento e a infancia do Mesías.
9:7, NM]). E así foi! Xesús naceu da liñaxe da casa real de David (Mateo 1:1, 6-17).
O profeta Isaías predixo que o Mesías sería descendente do rei David (Isaías 9:6 [Outro profeta de Deus chamado Miqueas, predixo que este neno chegaría a ser un gobernante, e que nacería en “Belén de Efratah” (Miqueas 5:1 [5:2, NM]). Pero na época na que Xesús naceu, en Israel había dúas cidades que se chamaban Belén: unha que estaba preto de Nazaret, no norte do país, e a outra cerca de Xerusalén, en Xudea. A esta última, antigamente chamábaselle Efratah. E foi xusto nesta cidade onde Xesús naceu, tal e como se profetizara! (Mateo 2:1).
Outra profecía da Biblia predixo que o Fillo de Deus sería chamado para que saíse de Exipto. O neno Xesús foi levado a Exipto e trouxérono de volta cando morreu Herodes, cumprindo así a profecía (Oseas 11:1; Mateo 2:15).
No recadro titulado “ Profecías sobre o Mesías”, hai unha lista de citas bíblicas onde atoparás moitos detalles sobre o Mesías. Podes comparar estas citas co listado que aparece baixo o encabezamento “Cumprimento”. Isto axudarache a fortalecer a túa fe na veracidade da Palabra de Deus.
Mentres analizas estes versículos, pensa que estas profecías se escribiron centos de anos antes do nacemento de Xesús. De feito, o mesmo Xesús dixo: “Vos dicía que conviña que se cumprise todo o que está escrito na Lei de Moisés, nos Profetas e mais nos Salmos acerca de min” (Lucas 24:44). Como poderás comprobar na túa Biblia, todas estas profecías cumpríronse ata o máis mínimo detalle.