ASPECTO DA ORATORIA 1
Introdución eficaz
Feitos 17:22
EN QUE CONSISTE? Captar a atención do auditorio dende o comezo, identificar o tema do que se vai falar e explicar por que debería interesarlles ós presentes.
COMO LOGRALO?
-
Capta a atención. Escolle unha pregunta, un caso da vida real ou unha noticia que penses que lles poida interesar ós presentes.
-
Identifica o tema. Asegúrate de que na introdución se expoña claramente o tema e o obxectivo da presentación.
-
Explica por que o tema é importante. Adapta a información de xeito que sexa práctica para os que te escoitan. É importante que entendan ben como a información pode axudalos persoalmente.