PREGUNTA 10
Como pode axudarme a Biblia?
TI QUE FARÍAS?
Imaxina a seguinte situación. David vai conducindo por un sitio que non coñece en absoluto. Ó ler os nomes das rúas decátase de que non está onde debería estar. Está perdido. Nalgún momento, colleu polo camiño equivocado.
Se foses David, ti que farías?
PÁRATE A PENSAR
Tes varias opcións:
-
Preguntar.
-
Consultar un mapa ou un GPS.
-
Seguir conducindo coa esperanza de que vas atopar o camiño correcto.
Está claro que a opción C é a peor.
A opción B é mellor cá primeira porque vas poder consultar o mapa ou o GPS sempre que o precises durante a viaxe.
A Biblia pode axudarte dun xeito semellante!
O libro máis distribuído da historia pode:
-
Darche bos consellos cando teñas problemas na vida.
-
Axudarche a coñecerte a ti mesmo e a ser mellor persoa.
-
Ensinarche cal é a mellor forma de vivir a túa vida.
RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS IMPORTANTES DA VIDA
Dende que comezamos a falar, empezamos a facer preguntas.
-
Por que o ceo é azul?
-
De que están feitas as estrelas?
Co tempo, facémonos preguntas acerca do mundo que nos rodea.
E se as respostas levasen dende sempre aí, na Biblia?
Moita xente di que a Biblia está chea de mitos e lendas, que está pasada de moda, ou que é moi difícil de entender. Pero, é a Biblia realmente o problema? Será verdade o que din dela? Ou estarán mal informados?
Por exemplo, a xente cre que a Biblia di que Deus controla o mundo. Pero, como pode ser iso? Este mundo é unha desfeita! Está cheo de dor e sufrimento, enfermidades e morte, desastres e pobreza. Como pode ser que un Deus que nos quere sexa responsable de todo isto?
Gustaríache saber a resposta? O que a Biblia di acerca de quen controla o mundo quizais te sorprenda.
Seguro que te fixaches en que os consellos deste folleto están baseados na Biblia. As testemuñas de Xehová estamos convencidas de que a Biblia é unha guía na que se pode confiar porque “está inspirada por Deus e é útil para ensinar, para corrixir, para enmendar” (2 Timoteo 3:16, 17). Non deixes de investigar por ti mesmo este libro tan antigo e, á vez, tan actual.