Ir ó contido

Ir ó índice

Prácticas incorrectas

Prácticas incorrectas

Que prácticas incorrectas deberían evitar os cristiáns?

Aceptar ou ofrecer subornos

Éx 23:8; Sl 26:9, 10; Pr 17:23

Ver tamén Dt 10:17; 16:19; Sl 15:1, 5.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 1Sa 8:1-5. Os fillos do profeta Samuel non seguiron o bo exemplo do seu pai. Cando fixeron de xuíces aceptaron subornos e tomaron decisións inxustas.

    • Neh 6:10-13. Os inimigos do pobo de Xehová subornaron a Xemaías para que pronunciase unha profecía falsa. Querían asustar o gobernador Nehemías para deter a obra de Xehová.

Adulación

Xob 32:21, 22; Sl 5:9; 12:2, 3; Pr 26:24-28; 29:5

Ver tamén Pr 28:23; 1Te 2:3-6.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Lc 18:18, 19. Xesús non quixo que o adulasen.

    • Fei 12:21-23. O rei Herodes Agripa aceptou que a xente o adulase chamándoo “deus” e morreu por iso.

Ameazar

Ef 6:9; 1Pe 2:23

Ver tamén Sl 10:4, 7; 73:3, 8.

  • Relato bíblico relacionado:

    • Fei 4:15-21. O Sanedrín ameazou os discípulos de Xesús para que detivesen a obra de predicar.

Asasinato

Éx 20:13; Mt 15:19; 1Pe 4:15

Ver tamén Mt 5:21, 22; Mr 7:21.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 4:4-16. A pesar do consello cariñoso que lle dera Xehová, Caín asasinou o seu irmán Abel.

    • 1Re 21:1-26; 2Re 9:26. A cobiza fixo que o rei Acab e a raiña Iezabel tramasen o asasinado de Nabot e os seus fillos.

Borracheira; excesos coa bebida

Pr 20:1; 23:20, 29-35; 1Co 5:11; 6:9, 10

Ver tamén Ef 5:18; 1Ti 3:8; Tit 2:3; 1Pe 4:3.

Ver tamén “Bebidas alcohólicas”.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xén 9:20-25. Cando Noé se emborrachou, Cam e o seu fillo Canaán cometeron un pecado grave.

    • Dn 5:1-6, 30. Despois de beber moito viño o rei Baltasar insultou a Xehová. Como consecuencia, aquela mesma noite el morreu e o seu reino caeu.

Bromas e comentarios obscenos

Ef 5:4; Col 3:8

Ver tamén Ef 4:29, 31.

Burlas; rirse dos demais

Pr 19:29; 24:9

Ver tamén Pr 17:5; 22:10; 2Pe 3:3, 4.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • 2Cr 36:15-21. Deus castigou o seu pobo con dureza por burlarse dos seus mensaxeiros e dos seus profetas.

    • Xob 12:4; 17:2; 21:3; 34:7. Durante a súa dura proba, o xusto Xob tamén sufriu burlas.

Calumnias

Ver “Mentir”.

Comer en exceso

Pr 23:20, 21; 28:7

Ver tamén Lc 21:34, 35.

Competitividade; rivalidade

Ecl 4:4; Gál 5:26

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Mr 9:33-37; 10:35-45. Xesús tivo que corrixir moitas veces os seus apóstolos porque discutían sobre cal deles era o máis importante.

    • 3Xn 9, 10. Diótrefes era moi dominante e quería ser o primeiro entre os irmáns.

Chismes; entremeterse na vida dos demais

Pr 25:23; 1Te 4:11; 2Te 3:11; 1Pe 4:15

Ver tamén Pr 20:19; 1Ti 5:13.

Conduta descarada; impureza; inmoralidade; adulterio

Ver “Inmoralidade sexual”.

Crear divisións; promover unha seita

Rm 16:17; Gál 5:19, 20; Tit 3:10, 11; 2Pe 2:1

Ver tamén Fei 20:29, 30; 1Co 1:10-12; Ap 2:6, 15.

Discutir

Ver “Discutir”.

Extorsionar

Sl 62:10; 1Co 5:10, 11; 6:9, 10

Ver tamén Pr 1:19; 15:27.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Xer 22:11-17. Xehová condenou o rei Xalum (Ioacaz) por practicar extorsión e outros pecados graves.

    • Lc 19:2, 8. Zaqueo, que era xefe dos cobradores de impostos, extorsionaba a xente. Pero arrepentiuse e prometeu reparar todo o mal que fixera.

    • Fei 24:26, 27. O apóstolo Paulo non lle pagou ó gobernador Félix o suborno que este esperaba.

Festas descontroladas

Rm 13:13; Gál 5:19, 21; 1Pe 4:3

Ver tamén Pr 20:1; 1Co 10:31.

  • Relato bíblico relacionado:

    • Dn 5:1-4, 30. O rei Baltasar organizou un gran banquete no que bebeu de máis e blasfemou contra Xehová. Iso custoulle a vida.

Idolatría

Ver “Idolatría”.

Insultos; falar de forma ferinte

Mt 5:22; 1Co 6:9, 10; Ef 4:31

Ver tamén Éx 22:28; Ecl 10:20; Xud 8.

  • Relato bíblico relacionado:

    • 2Sa 16:5-8; 1Re 2:8, 9, 44, 46. Ximí insultou o rei unxido por Xehová e pagou as consecuencias.

Mal uso do sangue

Xén 9:4; Dt 12:16, 23; Fei 15:28, 29

Ver tamén Lev 3:17; 7:26.

  • Relato bíblico relacionado:

    • 1Sa 14:32-34. Os israelitas pecaron contra Xehová cando comeron carne que non estaba ben desangrada.

Mentir; enganar

Ver “Mentir”.

Murmurar; queixarse

1Co 10:10; Flp 2:14; Xud 16

Ver tamén Núm 11:1.

  • Relatos bíblicos relacionados:

    • Núm 14:1-11, 26-30. Os israelitas murmuraron contra Moisés e Aarón, pero para Xehová era coma se estivesen murmurando contra el mesmo.

    • Xn 6:41-69. Os xudeus murmuraron contra Xesús e algúns dos seus discípulos abandonárono.

Pornografía

Ver “Pornografía”.

Presumir

Ver “Presumir”.

Roubar

Ver “Roubar”.

Violencia; pelexas

Sl 11:5; Pr 3:31; 29:22

Ver tamén 1Ti 3:2, 3; Tit 1:7.

  • Relato bíblico relacionado:

    • Éx 21:22-27. A Lei de Moisés dicía que se tiña que castigar a un home que mancase ou matase a outra persoa de forma violenta.