Xehová
O seu nome
O nome de Xehová probablemente significa “El fai que chegue a ser”
Xén 1:1; Éx 3:13-15; Sl 102:25; Is 42:5
Que pode chegar a ser Xehová, ou que papeis pode asumir, para coidar dos seus servos?
Sl 19:14; 68:5; Is 33:22; 40:11; 2Co 1:3, 4
Ver tamén Sl 118:14; Is 30:20; Xer 3:14; Zac 2:5.
Por que é a santificación do nome de Deus o máis importante?
Sl 83:18; Is 29:23; Ez 36:23; Lc 11:2
Por que Xehová, o Soberano do Universo, merece a nosa obediencia?
Ap 4:11; 7:9-12
Algúns títulos de Xehová
A Roca (Dt 32:4; Is 26:4).
Altísimo (Xén 14:18-22; Sl 7:17).
Grande Instrutor (Is 30:20).
Maxestade (Heb 1:3; 8:1).
Pai (Mt 6:9; Xn 5:21).
Rei da eternidade (1Ti 1:17; Ap 15:3).
Señor Soberano (Is 25:8; Am 3:7).
Todopoderoso (Xén 17:1; Ap 19:6).
Xehová dos exércitos (1Sa 1:11).
Algunhas cualidades impresionantes de Xehová
Como destaca Xehová que é santo, e a que debería impulsarnos iso?
Éx 28:36; Lev 19:2; 2Co 7:1; 1Pe 1:13-16
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Is 6:1-8. Cando o profeta Isaías tivo unha visión da santidade de Xehová, ó principio sentiuse impuro e moi preocupado, pero un anxo mostroulle que incluso os humanos pecadores poden ser limpos ós ollos de Deus.
-
Rm 6:12-23; 12:1, 2. O apóstolo Paulo explicou como podemos loitar contra a nosa tendencia ó pecado e conseguir ser santos.
-
Canto poder ten Xehová, e como usa esta cualidade?
Éx 15:3-6; 2Cr 16:9; Is 40:22, 25, 26, 28-31
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Dt 8:12-18. Moisés recordoulles ós israelitas que lle debían todo o que tiñan a Xehová, quen usara xenerosamente o seu poder para bendicilos.
-
1Re 19:9-14. Xehová animou o profeta Elías usando demostracións impresionantes do seu poder.
-
Por que podemos confiar completamente na xustiza de Xehová?
Dt 32:4; Xob 34:10; 37:23; Sl 37:28; Is 33:22
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Dt 24:16-22. As leis que Xehová lle deu a Moisés son unha mostra de que o seu sentido da xustiza sempre está en harmonía coa súa misericordia e o seu amor.
-
2Cr 19:4-7. O rei Ioxafat recordoulles ós xuíces que nomeara que representaban a xustiza de Xehová, non a do home.
-
Que demostra que Xehová é absolutamente sabio?
Sl 104:24; Pr 2:1-8; Xer 10:12; Rm 11:33; 16:27
Ver tamén Sl 139:14; Xer 17:10.
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
1Re 4:29-34. Xehová deulle ó rei Salomón máis sabedoría que a ningún outro home da súa época.
-
Lc 11:31; Xn 7:14-18. Xesús era aínda máis sabio que Salomón, pero recoñeceu humildemente que a súa sabedoría viña de Xehová.
-
Como demostrou Xehová que a súa cualidade máis importante é o amor?
Xn 3:16; Rm 8:32; 1Xn 4:8-10, 19
Ver tamén Sof 3:17; Xn 3:35.
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Mt 10:29-31. Xesús usou o exemplo dos gorrións para ensinar canto ama e valora Xehová a cada un dos seus servos.
-
Mr 1:9-11. Xehová faloulle a Xesús dende o ceo para expresarlle o que todo fillo necesita do seu pai: recoñecemento, amor e aprobación.
-
Que máis razóns temos para acercarnos a Xehová? A Biblia fala de moitas outras cualidades que el ten. Estas son algunhas:
Bondade (Lc 6:35; Rm 2:4).
Compaixón (Is 49:15; 63:9; Zac 2:8).
Coñece tódalas cousas (2Cr 16:9; Pr 15:3).
É eterno; non ten principio nin fin (Sl 90:2; 93:2).
É glorioso (Ap 4:1-6).
É pacífico (Flp 4:9).
Felicidade (1Ti 1:11).
Humildade (Sl 18:35).
Ap 15:4).
Lealdade (Maxestade (Sl 8:1; 148:13).
Misericordia (Éx 34:6).
Non cambia; é confiable (Mal 3:6; Snt 1:17).
Paciencia (Is 30:18; 2Pe 3:9).
Xenerosidade (Sl 104:13-15; 145:16).
Xustiza (Sl 7:9).
Que pasará segundo imos coñecendo mellor a Xehová?
Dt 6:4, 5; Mr 12:28-32
Como servir a Xehová
Que proba que Xehová non nos pide máis do que podemos facer?
Dt 10:12; Miq 6:8; 1Xn 5:3
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Dt 30:11-14. A Lei que Xehová lles deu ós israelitas por medio de Moisés non era demasiado difícil de obedecer.
-
Mt 11:28-30. Xesús díxolles ós seus seguidores que era un Mestre cariñoso e que obedecelo sería un alivio para eles. E el imitaba perfectamente a seu Pai.
-
Por que merece Xehová que o louvemos?
Sl 105:1, 2; Is 43:10-12, 21
Ver tamén Xer 20:9; Lc 6:45; Fei 4:19, 20.
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
Sl 104:1, 2, 10-20, 33, 34. O salmista encontrou na creación moitas razóns polas que cantarlle louvanzas a Xehová.
-
Sl 148:1-14. Todo o que Xehová creou, incluídos os anxos, dálle honra e louvanza. E nós tamén deberiamos facelo.
-
Como pode darlle gloria a Xehová a nosa conduta?
Por que deberiamos acercarnos a Xehová?
Sl 73:28; Snt 4:8
Como nos axuda a humildade a acercarnos a Deus?
Sl 138:6; Is 57:15
Como nos axuda a acercarnos a Xehová ler a Biblia e meditar nela?
Sl 1:1-3; 77:11-13; Mal 3:16
Por que necesitamos aplicar o que aprendemos sobre Xehová?
Lc 6:46-49; Snt 1:22-25
Por que nunca deberiamos tratar de ocultarlle nada a Xehová?
Xob 34:22; Pr 28:13; Xer 23:24; 1Ti 5:24, 25
-
Relatos bíblicos relacionados:
-
2Re 5:20-27. Guehazí intentou ocultar o seu pecado, pero Xehová reveloulle a verdade ó seu profeta Eliseo.
-
Fei 5:1-11. Xehová revelou o que fixeran Ananías e Safira e castigounos por mentirlle ó espírito santo.
-