Ir ó contido

Ir ó índice

PROXECTO DE ESTUDO

Sé valente incluso estando baixo presión

Sé valente incluso estando baixo presión

Le Xeremías 38:1-13 para aprender máis sobre o valor que demostraron o profeta Xeremías e o eunuco Ébed-Mélec.

Analiza o contexto. Por que necesitou valor Xeremías para declararlle a mensaxe de Xehová á xente? (Xer. 27:12-14; 28:15-17; 37:6-10) Como reaccionaron ó escoitar a mensaxe? (Xer. 37:15, 16).

Afonda máis. Que esperaba a xente que fixese Xeremías? (jr-S páxs. 26-27 pars. 20-22) Investiga como eran e para que se usaban as cisternas antigas (it-1-S páx. 489). Como cres que se sentía Xeremías mentres estaba nesa cisterna e se afundía na lama? A que medos é posible que se enfrontase Ébed-Mélec? (w12-S 1/5 páx. 31 pars. 2, 3).

Identifica as leccións. Pregúntate:

  • “Que me ensina este relato sobre como protexe Xehová os seus servos fieis?” (Sal. 97:10; Xer. 39:15-18).

  • “En que situacións vou necesitar ser valente?”.

  • “Como podo aprender a ter máis valor para facer o que está ben cando estea baixo presión?” (w11-S 1/3 páx. 30). a

a Se queres saber máis, mira o artigo “Idea para estudar” da revista A Atalaia de xullo de 2023.