Ir ó contido

Ir ó índice

Idea para estudar

Idea para estudar

Gústache ler as biografías e experiencias dos nosos irmáns e irmás?

Un matrimonio que le un destes artigos cada día di: “Ler estas experiencias anímanos moito e fainos moi felices. Axúdannos a recordar que nós tamén podemos ser fieis a Xehová en calquera circunstancia”. Unha irmá que opina algo parecido escribiu: “Estes artigos animan, motivan e chegan ó corazón. Os nosos irmáns son felices e as súas vidas teñen un propósito. O seu exemplo motívame a facer máis na predicación e axúdame a animar os meus fillos a que sirvan a Xehová a tempo completo”.

Estes artigos poden motivarte a poñerte metas que valen a pena, a superar as túas debilidades e a aguantar os problemas con alegría e dignidade. Onde podes atopalos?

  • Busca a serie de artigos “Historias persoais de testemuñas de Xehová” en jw.org ou en JW Library®.

  • Busca “Historias persoais de testemuñas de Xehová” na BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower ou en Watchtower Library.