Cal é o nome de Deus?
Cando queremos coñecer alguén, o primeiro que facemos normalmente é preguntarlle: “Como te chamas?”. Se lle preguntases o mesmo a Deus, que che diría?
“Eu, Iavé, este é o meu Nome” (Isaías 42:8).
É este nome novo para ti? É posible que sexa así porque moitos tradutores da Biblia póñeno moi poucas veces, ou ningunha. A miúdo substitúeno polo título “SEÑOR”. Pero o nome de Deus en realidade aparece unhas 7000 veces nos manuscritos da Biblia nos idiomas orixinais. O nome está representado por catro consoantes hebreas que se corresponden a IHVH, e dende hai moito tempo traduciuse en galego como “Xehová” ou “Iavé”.
O nome de Deus aparece no texto hebreo e tamén en moitas outras traducións.
POR QUE É IMPORTANTE O NOME DE DEUS
É importante para Deus. Ninguén lle puxo ese nome a Deus, senón que foi el mesmo quen o escolleu. El dixo: “Ese será o meu nome para sempre. Por el invocaranme tódalas xeracións” (Éxodo 3:15). Na Biblia, o nome de Deus aparece máis veces que calquera dos seus títulos, como Todopoderoso, Pai, Señor ou Deus, e máis que calquera outro nome propio, como Abrahán, Moisés, David ou Xesús. Ademais, o propósito de Xehová é que se coñeza o seu nome. A Biblia di: “Que a xente saiba que o teu nome é Xehová, que só ti es o Altísimo sobre toda a terra” (Salmo 83:18, TNM).
É importante para Xesús. No que se coñece como a oración do nosopai, Xesús ensinoulles ós seus seguidores a orarlle a Deus coas seguintes palabras: “Que o teu nome sexa santificado” (Mateo 6:9). El mesmo oroulle a Deus: “Pai, glorifica o teu Nome” (Xoán 12:28). Fixo que glorificar o nome de Deus fose unha prioridade na súa vida. Por iso puido dicir en oración: “Eu manifestéille-lo teu nome e llelo seguirei manifestando” (Xoán 17:26).
É importante para os que coñecen a Deus. Os servos de Deus do pasado entendían que a súa protección Proverbios 18:10). E outro dixo: “A todo o que pida axuda usando o nome de Xehová, el vaino salvar” (Feitos 2:21). A Biblia demostra que o nome de Deus identificaría os seus servos. Di que “Deus se fixou nas nacións para sacar de entre elas un pobo para o seu nome” (Feitos 15:14; Miqueas 4:5).
e salvación estaban relacionadas co Seu nome único. Un deles recoñeceu: “O nome do Señor é forte torreón: acóllese nel o xusto, e acouga seguro” (QUE REVELA O SEU NOME
Identifica a Deus como alguén único. Moitos expertos chegaron á conclusión de que o nome de Xehová significa “El fai que chegue a ser”. Xehová axudounos a entender o significado do seu nome cando se referiu a si mesmo ó falar con Moisés. Dixo: “Eu Serei o que Eu Decida Ser” (Éxodo 3:14, TNM). Así que o nome de Deus ensínanos algo máis á parte de que el é o Creador que fixo que todo chegase a existir. Expresa a habilidade que ten para facer que el mesmo e a súa creación cheguen a ser o que sexa necesario para cumprir co seu propósito. Os seus títulos describen a súa posición, autoridade ou poder, pero só o seu nome, Xehová, define todo o que El é e pode chegar a ser.
Demostra que se preocupa por nós. O significado do nome de Deus mostra o cariño que lle ten á súa creación, incluídos nós. E o feito de que nos diga como se chama indícanos que quere que o coñezamos. Despois de todo, tomou a iniciativa de dicirnos o seu nome incluso antes de que nos preguntásemos cal é. Está claro que Deus non quere que o vexamos como un ser misterioso e distante, senón como alguén real a quen nos podemos achegar (Salmo 73:28).
Usar o nome de Deus demostra que nos interesamos nel. Poñámonos no caso de que te queres facer amigo de alguén e lle dis que te chame polo teu nome. Como te sentirías se non quixese facelo? Co tempo preguntaríaste se esa persoa quere realmente ser a túa amiga. Pasa o mesmo con Xehová. El díxonos cal é o seu nome e anímanos a usalo. Cando o facemos, demostrámoslle que queremos achegarnos a el. Ademais, a Biblia di que el préstalles atención ós que “estiman o seu Nome” (Malaquías 3:16).
Aprender o nome de Deus é o primeiro paso importante para coñecelo. Pero non debemos conformarnos con iso. Temos que coñecer o que está detrás dese nome, chegar a saber como é.
CAL É O NOME DE DEUS? O nome de Deus é Xehová. Este nome é incomparable e significa que Deus pode cumprir tódolos obxectivos que se propoña.