Que fixo Deus no pasado?
Se queres coñecer ben alguén, é importante saber que logrou e que problemas superou. De maneira parecida, se queres coñecer ben a Deus, necesitas aprender o que fixo. Sorprenderate descubrir canto nos beneficia o que fixo no pasado e a relación que ten isto co noso futuro.
DEUS CREOU TODO PENSANDO EN NÓS
Xehová é o Magnífico Creador, e “as súas calidades invisibles [...] vense claramente desde a creación do mundo, pois percíbense polas cousas creadas” (Romanos 1:20, TNM). “Fixo a terra co seu poder, fixo existi-los campos coa súa sabedoría, e coa súa intelixencia estendeu o ceo” (Xeremías 10:12). As marabillas da creación demóstrannos o moito que nos quere Deus.
Pensa no especial que fixo a nosa vida ó crearnos “á súa imaxe” (Xénese 1:27). Isto permítenos mostrar ata certo punto as súas incomparables calidades. Creounos para ter espiritualidade, é dicir, coa capacidade de entender o seu punto de vista e valores. Cando vivimos de acordo con eles, desfrutamos dunha vida con sentido e moito máis feliz. Incluso podemos ser os seus amigos.
A Terra demostra o que sente Deus por nós. Como dixo o apóstolo Paulo, Deus “non deixou de demostrar quen era facendo cousas boas. [Deunos] chuvias do ceo, colleitas abundantes, suficiente comida e encheu os [nosos] corazóns de alegría” (Feitos 14:17). Ademais, non só cubriu as nosas necesidades básicas, senón que tamén nos deu todo o necesario para que poidamos desfrutar da vida. Pero isto so é unha mostra do que fará por nós no futuro.
Xehová creou a Terra para que os humanos puidesen vivir nela. A Biblia di: “A terra déullela ós homes”, e “non a creou coma un caos, formouna Salmo 115:16; Isaías 45:18). Habitada por quen e durante canto tempo? Segundo a Biblia: “Os xustos herdarán a terra e habitarán nela para sempre” (Salmo 37:29).
para ser habitada” (Deus creou a primeira parella, Adán e Eva, e púxoa nun paraíso “para que o traballase e o coidase” (Xénese 2:8, 15). Ademais, deulle unha tarefa emocionante: “Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea” (Xénese 1:28). Polo tanto, Adán e Eva tiñan a posibilidade de vivir felices para sempre na Terra. Tristemente, decidiron desobedecer a Deus e por iso perderon a esperanza de estar entre “os xustos” que “herdarán a terra”. Pero, como veremos, as súas accións non cambiaron o propósito de Xehová para a humanidade e para o planeta. Primeiro, veremos que máis fixo Xehová.
XEHOVÁ DEUNOS A SÚA PALABRA ESCRITA
A Biblia tamén é coñecida como a Palabra de Deus. Por que nos deu Xehová a Biblia? Primeiro, para poder aprender del (Proverbios 2:1-5). É certo que a Biblia non responde tódalas preguntas que nos puidésemos facer sobre Deus, pero ningún libro podería facer isto (Eclesiastés 3:11). Aínda así, o que contén axúdanos a coñecer a Deus. Sabemos como é ó ver como trata os humanos e que clase de persoas lle agradan e cales non (Salmo 15:1-5). Aprendemos que adoración acepta, cales son as súas normas morais e o que pensa sobre os bens materiais. Ademais, permítenos coñecer máis como é a personalidade de Xehová mediante as palabras e accións do seu Fillo, Xesucristo (Xoán 14:9).
Outra razón pola que nos deu a súa Palabra é para que poidamos aprender como ter unha vida feliz e con propósito. A través da Biblia, Xehová cóntanos como ter unha familia feliz, como estar satisfeitos e como facerlle fronte á ansiedade. E, como se explicará máis adiante nesta revista, a Biblia ten as respostas ás grandes preguntas da vida, como por que sufrimos ou que futuro nos espera. Tamén explica que fixo Deus no pasado para que o seu propósito se cumpra.
Hai moitos outros detalles que fan que a Biblia sexa un libro sorprendente e que demostran a súa orixe divina. Foi escrita durante un período duns 1600 anos por uns 40 homes e, aínda así, mantén o tema principal. Como é isto posible? Porque Deus é o seu verdadeiro autor (2 Timoteo 3:16). A diferenza doutros libros antigos, o seu contido preservouse ó longo dos séculos, tal e como o demostran miles de manuscritos bíblicos antigos. Ademais, a Biblia sobreviviu a tódolos intentos que se fixeron para impedir a súa tradución, distribución e lectura. Hoxe en día é o libro máis distribuído e traducido do mundo. O feito de que aínda exista a Biblia é unha proba de que a “palabra do noso Deus mantense firme para sempre” (Isaías 40:8).
DEUS GARANTIU QUE CUMPRIRÍA O SEU PROPÓSITO
Outra das cousas que Deus fixo foi garantir o cumprimento do seu propósito mediante un regalo especial. Como mencionamos antes, Deus quería que os seres humanos vivísemos para sempre na Terra. Pero, cando Adán escolleu desobedecer a Deus e pecou, perdeu a oportunidade da vida eterna e, como consecuencia, os seus futuros fillos tamén. A Biblia di: “O pecado entrou no mundo por un home só, pero como polo pecado entrou a morte, a morte pasou a tódolos homes e, en consecuencia, todos quedaron incursos no pecado” (Romanos 5:12). Como Adán pecou ó desobedecer a Xehová, podía parecer que o propósito de Deus xa non se cumpriría. Pero, que fixo entón Deus?
A súa reacción encaixa perfectamente coa súa forma de ser. Actuou con xustiza e castigou a Adán e Eva pola súa desobediencia pero, por amor, tamén tomou medidas para garantir o futuro da humanidade. Usou a súa sabedoría para decidir que facer ante esa situación Xénese 3:15). Liberaríanos do pecado e da morte mediante o seu Fillo, Xesucristo. Que implicaría isto?
e inmediatamente anunciou a solución (Para liberar os humanos das consecuencias da rebelión de Adán, Xehová enviou a Xesús á Terra para ensinarlle á xente o camiño á vida e para “dar a súa vida como rescate a cambio de moitas persoas” (Mateo 20:28; Xoán 14:6). a Xesús puido pagar o rescate porque era perfecto como Adán. Pero, a diferenza del, sempre foi obediente a Deus, incluso ata a morte. Como non merecía morrer, Xehová resucitouno e permitiulle volver ó ceo. Así Xesús podería darlles ós seres humanos obedientes o que Adán non puido: a vida eterna. “Como a desobediencia dun único home volveu pecadores a tódolos homes, así tamén a obediencia dun só volveu xustos a todos” (Romanos 5:19). Mediante o sacrificio de rescate de Xesús, Deus cumprirá a súa promesa: a humanidade vivirá para sempre na Terra.
Aprendemos moito de Xehová pola maneira na que se enfrontou ós problemas causados pola desobediencia de Adán. Vemos que nada pode evitar que El acabe o que empezou. A súa palabra sempre se cumprirá (Isaías 55:11). Tamén nos ensina o moito que nos quere. “O amor de Deus fíxose ver entre nós en que Deus mandou ó mundo o seu Fillo Unixénito, para que nos dese a súa vida. Hai amor dentro de nós, non porque nós teñamos amado a Deus, senón porque El nos amou a nós e mandou o seu Fillo para que expiase os nosos pecados” (1 Xoán 4:9, 10).
Deus estivo disposto a entregar o seu propio Fillo por todos nós, así que podemos estar seguros de que nos vai dar tódalas cousas que nos prometeu (Romanos 8:32). E que nos prometeu? Imos velo.
QUE FIXO DEUS NO PASADO? Xehová creou os humanos para vivir para sempre na Terra. Deunos a Biblia para que puidésemos aprender del. Mediante Xesucristo, Xehová deu o rescate para garantir o cumprimento do seu propósito.
a Se queres saber máis sobre o rescate, mira a lección 27 do libro Desfruta da vida para sempre! publicado polas Testemuñas de Xehová e dispoñible en www.dan124.com.