Necesitamos un mundo mellor!
“Somos un mundo en crise”, dixo António Guterres, secretario xeral das Nacións Unidas. Ti tamén pensas así?
As noticias son cada vez peores:
Enfermidades e pandemias
Desastres naturais
Pobreza e fame
Contaminación e quecemento global
Delincuencia, violencia e corrupción
Guerras
Está claro que necesitamos un mundo mellor. Un mundo no que haxa:
Saúde perfecta
Clima en perfecto equilibrio
Alimento para todos
Un ambiente limpo
Xustiza para todos
Paz mundial
Pero, a que nos referimos con un mundo mellor?
Que lle vai pasar ó mundo no que vivimos?
Que podemos facer para vivir nun mundo mellor?
Cando leas esta revista, coñecerás as respostas tan animadoras que dá a Biblia a estas e a outras preguntas.