COMO REDUCIR O ESTRÉS
Unha vida sen estrés é posible
Os consellos da Biblia pódennos axudar a reducir o estrés. Nós non podemos eliminar todo o que nos causa estrés, pero o noso Creador si que pode. De feito, xa escolleu a alguén para que nos axude: Xesucristo. Cando estivo na Terra, Xesús fixo cousas impresionantes. Pero pronto fará cousas aínda máis marabillosas por toda a humanidade. Vexamos algunhas:
XESÚS CURARÁ OS ENFERMOS
“Traíanlle enfermos con toda clase de doenzas [...] e a todos curaba” (MATEO 4:24).
XESÚS DARANOS CASA E ALIMENTOS A TODOS
“Construirán casas e habitaranas e plantarán viñas e comerán os seus froitos. Non construirán para que outro habite, nin plantarán para que outro coma” (ISAÍAS 65:21, 22).
XESÚS LOGRARÁ QUE HAXA PAZ E SEGURIDADE NO MUNDO
“Nos seus días o xusto florecerá, e haberá paz en abundancia ata que a lúa xa non exista. El gobernará de mar a mar e dende o Río ata os confíns da terra. [...] Os seus inimigos morderán o po” (SALMO 72:7-9, TNM).
XESÚS ELIMINARÁ AS INXUSTIZAS
“Terá piedade dos febles e indixentes, salvará a vida dos pobres; rescataraos da inxuria e da opresión” (SALMO 72:13, 14).
XESÚS ACABARÁ CO SUFRIMENTO E A MORTE
“A morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor” (APOCALIPSE 21:4).