DESPERTADE! Núm. 2 2018 | 12 claves para unha familia feliz
12 claves para unha familia feliz
Escóitase falar moito dos problemas que dividen as familias. Pero, que fai que algunhas familias sigan unidas?
Entre 1990 e 2015, a taxa de divorcios nos Estados Unidos duplicouse entre os maiores de 50 anos e triplicouse entre os maiores de 65.
Os pais xa non saben que facer. Algúns expertos recomendan louvar os fillos constantemente e outros recomendan ser moi estritos.
Os mozos chegan á idade adulta sen as habilidades que precisan para que lles vaia ben.
Pero o certo é que...
... o matrimonio pode ser unha unión feliz e permanente.
... os pais poden aprender a educar os fillos con cariño.
... os mozos poden chegar a ter as habilidades que precisan para a vida adulta.
Como? Este número da revista Despertade! fala de doce claves para ter unha familia feliz.
1. Compromiso
Tres consellos que poden axudarlles ós casados para que sigan xuntos.
2. Traballo en equipo
Sodes marido e muller ou compañeiros de piso?
3. Respecto
Aprende que palabras e accións son fundamentais para que a túa parella se sinta respectada.
4. Perdón
Que che pode axudar a pasar por alto os erros da túa parella?
5. Comunicación
Tres consellos que che axudarán a que te achegues ós teus fillos.
6. Disciplina
Disciplinar os fillos dana a súa autoestima?
7. Valores
Que valores lles vas ensinar ós teus fillos?
8. Exemplo
Se queres que os teus fillos fagan o que dis, tes que predicar co exemplo.
9. Identidade
De que xeito poden defender os novos as súas conviccións?
10. Confianza
Gañar a confianza dos teus pais é un paso importante no camiño á vida adulta.
11. Esforzo
Aprende de que xeito ser traballador dende mozo che axudará a que che vaia ben en todo o que fagas no futuro.
12. Obxectivos
Alcanzar obxectivos axúdache a ter máis confianza en ti mesmo, fai máis fortes as túas amizades e faite máis feliz.
Máis axuda para as familias
Os consellos da Biblia poden axudarche a ter éxito no matrimonio e unha familia feliz.