Ir ó contido

Ir ó índice

Falarvos con respecto será o cemento que manteña unido o voso matrimonio.

MATRIMONIOS

3. Respecto

3. Respecto

QUE IMPLICA

As parellas que se respectan preocúpanse o un polo outro, incluso cando non están de acordo. O libro Diez claves para transformar tu matrimonio a di: “Estas parellas non quedan atrincheiradas ou estancadas nas súas distintas posturas. En lugar diso, seguen falando sobre os seus conflitos. Escoitan con respecto os puntos de vista do seu cónxuxe e chegan a acordos que sexan aceptables para ambas partes”.

O QUE DI A BIBLIA: “O amor [...] non busca a súa comenencia” (1 Corintios 13:4, 5).

“Respectar a miña muller significa valorala e non facer nada que lle faga dano a ela ou ó noso matrimonio” (Micah).

POR QUE É IMPORTANTE

Se a parella non se respecta, as súas conversas poden verse salpicadas pola crítica, o sarcasmo ou incluso o desprezo. Segundo os expertos, estes son sinais de que o matrimonio pode acabar en divorcio.

“Lanzarlle indirectas á túa muller, ou facer comentarios irónicos ou bromas sobre ela destruirá a súa autoestima e fará que deixe de confiar en ti. Isto danará moito o matrimonio” (Brian).

QUE PODES FACER

PREGÚNTATE

Por que non pensas no que dis e no que fas durante unha semana? Despois pensa nisto:

  • “Cantas veces critiquei a miña parella e cantas a eloxiei?”.

  • “De que xeitos concretos lle demostrei respecto?”.

PARA QUE FALEDES EN PARELLA

  • Que palabras e accións poderían facer que vos sintades respectados?

  • Que palabras e accións fan que non vos sintades respectados?

CONSELLOS

  • Que cada un de vós escriba tres maneiras nas que lle gustaría que o outro lle demostrase respecto. Despois intercambiade as listas e esforzádevos por traballar nos aspectos que escribiu o outro.

  • Fai unha lista coas calidades que admiras da túa parella. Despois dille canto as valoras.

“Respectar o meu home significa demostrarlle co que fago que o valoro e que quero que sexa feliz. Non sempre teñen que ser grandes cousas. Ás veces con pequenos detalles podemos demostrar que nos respectamos de verdade” (Megan).

En realidade, non se trata de se ti pensas que es respectuoso, senón de se a túa parella se sente respectada.

O QUE DI A BIBLIA: “Revestídevos de sentimentos de misericordia, de bondade, de humildade, de sinxeleza, de tolerancia” (Colosenses 3:12).

a Escrito por John Mordechai Gottman, Julie Schwartz Gottman e Joan DeClaire. Traducido por Meritxell Prat Castellà.